martes, 18 de septiembre de 2007

NOVA INVITACIÓN PARA VER O BREOGÁN

O club Baloncesto Leite Río Breogán cursou a súa segunda invitación para que os mindonienses poidan acudir a ver o equipo de Lugo na casa.

Esta vez, o partido para o cal o Breogán manda a invitación é para o primeiro partido na casa, partido oficial de liga, entre o LEITE RÍO BREOGÁN e o CIDADE DE LA LAGOA.

O partido xogará este sábado 22 de setembro de 2007 ás 20 h.

O horario de saída do autobús será ás 18:30 de Praza do Seminario sendo a hora aproximada de regreso ás 23:00 no mesmo lugar.

Para apuntarse poden chamar o 635110122.

Pedimos que se apunten antes do mércores pola noite para confirmar o xoves pola mañá có Club o tema do autocar.

A invitación para esta viaxe o club faina para o alumnado dos tres centros educativos de Mondoñedo ao igual que para todos aqueles adultos que queiran gozar do baloncesto.

A viaxe está organizada pola Delegación de Deportes do Excmo. Concello de Mondoñedo.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

VIAXE A LUGO A VER O BREOGÁN

VIAXE A LUGO PARA VER Ó BREOGÁN.


A Fundación Baloncesto de Galicia BALOGAL e o Club Baloncesto Breogán teñen o pracer de convidar os pícaros de Mondoñedo o partido de presentación da tempada 2007/2008 do Leite Rio Breogán em Lugo.

ENCONTRO: LEITE RÍO BREOGÁN VS. OVARENSE (campión da pasada liga portuguesa).

· Dia do encontro: venres 14 de setembro.
· Hora do encontro: 20:45.
· Lugar de saída e chegada do autocar: Praza do Seminário.
· Hora de chegada: 23:30 (ainda así, poden chamar os teléfonos de información para confirmar a hora).
· Información e teléfonos para apuntarse: 635110122, 605790091.

A viaxe e gratuita.
Recomendamos os rapaces que leven bocadillo e algo para beber.

ORGANIZA:

DELEGACIÓN DE DEPORTES. EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO.

martes, 28 de agosto de 2007

MONDOÑEDO C.B.

Iniciouse a pretempada do equipo de baloncesto de Mondoñedo. Con varias caras novas, con proxectos novos, con caras novas na directiva,…O Mondoñedo C.B. invita a todo aquel que queira participar no seu segundo equipo que veña a adestrar connosco ao polideportivo. Informarémosvos dos horarios e das actividades que realizaremos.O obxectivo deste segundo equipo é o de divertirse practicando o deporte do baloncesto.O Club tamén informa que podedes faceros sócios do Club e axudar para que en Mondoñedo sigamos tendo baloncesto federado.Unirvos para xogar ó baloncesto có equipo de Mondoñedo.

CURSO DE MONITORES DE BALONCESTO

Será necesario ter o título para poder estar de adestrador nun equipo.
NOTA INFORMATIVA DO CURSO QUE VAI CELEBRAR A FEDERACIÓN:

Carga lectiva total 40 horas (24 PRESENCIAIS)
Desenvolverase durante o mes de SETEMBRO en dúas fins de semana.DATAS:
8 e 9 en LUGO (capital)
e 15 e 16 en FOZ

HORARIO:.SÁBADOS de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.DOMINGOS de 10:00 a 14:00 horas
REQUISITOS: Ser maior de 14 anos..
DEREITOS de matrícula: 160 €
INSCRICIÓNS: En la Delegación Lucense de Baloncesto ata o 5 de setembro de 2007 e ata un máximo de 25.
Será necesario presentar solicitude en modelo oficial, dúas fotografías de tamaño carné e fotocopia do DNI.
Unha vez comunicada a admisión deberase realizar o ingreso na conta bancaria que ga de Baloncesto ten enCaixa Galicia co nº: 2091-0392-90-3040002932
Indicarase no resgardo quen fai o ingreso e INSCRICIÓN CURSO INICIACIÓN LUGO.

martes, 7 de agosto de 2007

PRIMEIRA EDICCIÓN DO TORNEO DE BALONCESTO CIDADE DE MONDOÑEDO

Cuadrangular de baloncesto organizado pola Delegación do Excmo. Concello de Mondoñedo e o Mondoñedo C.B.

  • Participarán catro equipos (de Primeira e segunda Provincial).
  • A inscripción é gratuita.
  • Haberá trofeos para os catro equipos.
  • Xogaranse duas semifinais de dous cuartos.
  • O terceiro e cuarto posto, e a final xogarase como un partido normal.
  • Haberá árbitros federados.
  • Para inscribirse mandar un e-mail a dirección seguinte: raulbgra@gmail.com ou chamar o tlf: 635110122.

sábado, 4 de agosto de 2007

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE BALONCESTO DE FOZ

O Mondoñedo C.B. participa no torneo de baloncesto de Foz que se está a celebrar este fin de semana. A principios de semana informaremos dos resultados do equipo.

FAITE SOCIO DO MONDOÑEDO C.B.

Colabora con 10 € có equipo do Mondoñedo C.B. Entre todos temos que facer que en Mondoñedo sigamos tendo baloncesto federado.
Colabora cun equipo que aposta pola xente nova.

FAITE SOCIO.

lunes, 16 de julio de 2007

3x3 DE BALONCESTO CELEBRADO EN MONDOÑEDO






O Concello de Mondoñedo e o Mondoñedo C.B. organizaron este sábado 14 a sexta edición do 3 x 3 de baloncesto.

Participaron un total de 10 equipos nesta competición na que competiron en grupos de cinco en sistema de todos contra todos clasificándose para cuartos de final os catro primeiros equipos de cada grupo.

No primeiro grupo quedaron do seguinte xeito: primeiro clasificado Air Cangas, segundo clasificado Meira, Tercer clasificado Peña Barcelonista San Miguel e cuarto Clasificado O Parque. No segundo grupo quedaron clasificados do seguinte xeito: primeiro clasificado o equipo de A Pontenova, segundo clasificado Os Túzaros, terceiro clasificado Os Homes de Negro (de Becerreá), e cuarto clasificado O Valadouro.

En cuartos de final enfrontáronse Air Cangas contra Ferreira gañando Air Cangas; enfrontáronse O parque contra A Pontenova gañando A Pontenova; enfrontáronse Meira contra Os Homes de Negro gañando Meira; e enfrontáronse Pena Barcelonista San Miguel contra Os Túzaros gañando Os Túzaros.

En semifinais enfrontáronse Air Cangas contra Os Túzaros gañando Air Cangas; enfrontáronse na outra semifinal Pontenova contra Meira gañando Meira.

Polo terceiro e cuarto posto enfrontáronse Os Túzaros contra A Pontenova gañando Os Túzaros.

Na final enfrontáronse Air Cangas e Meira gañando Air Cangas.

O mellor xogador do torneo foi Joaquín de Air Cangas elexido por un representante de cada equipo que non chegou a final.

Asistiron á entrega de trofeos o Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo D. Orlando González Cruz, o Concelleiro de Cultura e Deportes D. Xusto Fernández Haro e o Presidente do Mondoñedo C.B. D. Santiago Lodos Fernández.

miércoles, 11 de julio de 2007

EQUIPOS PARA O 3X3 DE BALONCESTO EN MONDOÑEDO

Mondoñedo acollerá este fin de semana un 3x3 de baloncesto no parque situado o lado do Seminario. Para esta competición xa se apuntaron equipos de Barreiros, Foz, Meira, Pontenova, Ferreira e Mondoñedo.

Esperamos dar pronto o calendario da competición.

domingo, 1 de julio de 2007

COMENZAN OS ADESTRAMENTOS DOS VETERANOS DE BALONCESTO

Comenzamos este xoves cos adestramentos dos veteranos de baloncesto. Empezamos ás 21:30 o rematar os de tenis o seu adestramento.

En realidade pode acudir calquera persoa a adestrar.

O Club federado pretende crear un grupo alternativo para xogar o baloncesto sendo o seu obxetivo o disfrute deste deporte sen a parte competitiva que terán os xogadores do equipo de provincial.

martes, 19 de junio de 2007

NORMAS DO 3X3

O torneo xogarase nas pistas exteriores do Parque situado o lado do Seminario Santa Catalina, xogándose no caso de mal tempo no Polideportivo Municipal de Mondoñedo.
Xogaranse dous partidos consecutivos á vez.
Xogará o día 14 de Xulio pola tarde a partir das 16:30.
Os equipos están compostos por tres ou catro xogadores dos cales un empezará como suplente.
Cada equipo debe nomear un capitán que será o seu representante único.
Cada partido será a 16 puntos e terá unha duración máxima de 10 minutos. Ao final dese tempo, gañará o equipo que vaia por diante no marcador.
En caso de que o partido finalice en empate, cada xogador terá que lanzar un tiro libre e gañará o encontro o equipo que máis canastras enceste.
Cada canastra vale un punto, agás aquelas conseguidas dende máis alá da liña de triplos, que valerán 2 puntos.
A primeira posesión do balón será sorteada.
Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír mais alá da liña de triplo.
Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e iníciase o xogo dende medio campo.
Cando saia o balón fóra, deberá poñerse en xogo dende a banda.
As loitas supoñen, sempre, a posesión do balón polo equipo que defendía.
As faltas sacaranse sempre de banda, a partir da oitava falta de equipo, todas as faltas se sancionarán cun tiro libre, en caso de convertelo, a posesión cambiará ao equipo contrario; en caso de fallalo a posesión do balón será para o equipo que capture o rebote.
Os xogadores serán eliminados ao cometer a súa quinta falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede cun só xogador.
Non haberá árbitro ata as semifinais e a final, polo que todas as faltas serán sinaladas polos xogadores. O encargado de mesa levará o reloxo, conta de puntos, conta de faltas e rexistro dos resultados dos partidos. En caso de que se produza calquera conflito no desenvolvemento do xogo, a decisión corresponderá ao encargado de mesa, as decisións da cal serán inapelables e indiscutibles.


Sobre os termos non especificados entenderase de aplicación as regras habituais do baloncesto.

INSCRICIÓNS
. Gratuíta.
. Cada equipo ten que inscribir como mínimo 3 xogadores e como máximo a 4.
. Chamar aos teléfonos 635110122 ou 605790091 ou ben mandar un correo a dirección raulbgra@gmail.com.

PREMIOS

TROFEOS PARA OS TRES PRIMEIROS EQUIPOS CLASIFICADOS E UN DETALLE PARA O MELLOR XOGADOR DO TORNEO.

FORMULA DE COMPETICIÓN
A fórmula de competición a empregar dependerá do nº de inscritos final, e será comunicada, simultaneamente aos cadros de xogo, no Polideportivo Municipal de Mondoñedo pero tamén o mesmo día antes das doce a cada un dos equipos participantes.

lunes, 11 de junio de 2007

EQUIPO INFANTIL DE BALONCESTO

Iníciase mañá o traballo para empezar a formar o equipo infantil de baloncesto de Mondoñedo levado pola Delegación de Deportes do Concello, e polo Mondoñedo C.B.
O traballo comenzará por comunicarse con todolos pais/nais e rapaces para entregarlles o proxecto de traballo.
Esperamos que este traballo chegue a bo porto e que para o ano podamos contar cun equipo en categoría infantil.

NACEMENTO DO APARTADO DE BALONCESTO

Este apartado nace ca intención de facilitar información máis detallada de todalas actividades relacionadas có deporte do baloncesto na nosa cidade.
Esperamos que vos guste e que participedes de forma activa nel.

CAMPAÑA DE FOMENTO DEL BALONCESTO

Colaboración de la FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO y de LA FUNDACIÓN BREOGÁN en la campaña FOMENTO DEL BALONCESTO organizada por la DELEGACIÓN DE DEPORTES DEL EXCMO. AYUNTAMIENTO DE MONDOÑEDO y el MONDOÑEDO C.B.